Primaria

1º CICLO
Neste trimestre, un dos bloques que estamos ta traballar son as diferentes partes do corpo e o esquema corporal. Coñecer o seu corpo e as súas posibilidades de movemento axúdanlles a adquirir un maior dominio de si mesmos e das súas capacidades. Para iso os nosos alumnos deben de tomar conciencia das diferentes partes do corpo e interiorizarlas para que poidan localizalas e nomealas. Neste proceso, intentamos que o aspecto lúdico enmarque estas actividades con situacións motrices dinámicas e divertidas.
O traballo de coñecemento e control do propio corpo progresará desde unha concienciación segmentaria ( mans, brazos, tronco, pernas, pés, movementos da columna vertebral) ata unha concienciación global, intentando que os alumnos teñan unha imaxe completa do seu propio corpo.
As unidades que traballaremos este trimestre serán:
1- Coñezo e controlo o meu corpo
2- Esquema corporal
3- Respiración, relaxación e actitude postural
4- Equilibrio